Get Conxuro (Da Queimada) lyrics by Mago De Oz free! Amazing collection of all Mago De Oz song lyrics in one place. Click the printer icon next to the song title to print the words.

Mago De Oz Conxuro (Da Queimada) lyrics

Mago De Oz lyrics of all songs.
Album:
Miscellaneous
Conxuro (Da Queimada) lyrics by Mago De Oz

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas
Demos, trasgos e diaños
Espritos das nevoadas veigas

Corvos, pintigas e meigas
Feitizos das menciñeiras
Podres cañotas furadas fogar
Dos vermes e alimañas

Lume das Santas Compañas
Mal de ollo, negros meigallos
Cheiro dos mortos, tronos e raios
Oubeo do can, pregón da morte
Fuciño do sátiro e pé de coello

Pecadora lingua da mala muller
Casada con home vello

Averno de Satán e Belcebú
Lume dos cadavres ardentes
Corpos mutilados dos indecentes

Peidos dos infernais cús
Muxido da mar embravescida
Barriga inútil da muller solteira
Falar dos gatos

Que andan á xaneira
Guedella porca da cabra mal parida

Con este fol levantarei as chamas
De este lume que asemella ao do inferno

Fuxirán as bruxas a cabalo
Das súas escobas
índose bañar na praia das areas
Gordas

Oíde, oíde, os ruxidos
Que dan as que non poden deixar
De queimarse na augardente
Quedando así purificadas

E cando este brevaxe
Baixe polas nosas gorxas
Quedaremos libres dos males
Da nosa ialma e de todo embruxamento

Forzas do ar, terra, mar e lume
A vos fago esta chamada
Si é verdade que tendes máis poder
Que a humana xente, eiquí e agora

Facede cos espritos dos amigos
Que están fora participen
Con nós de esta queimada

Popular artists